Saturday 27 de April de 2024

O domingo celébrase o I Torneo de Fútbol Feminino Concello de Oleiros


O domingo 12 de xuño disputarase o I Torneo de Fútbol Feminino Concello de Oleiros no campo Leonardo Maceira, nos Regos. Participarán Atlético San Pedro, Unión Campestre, Santa Cruz e Obrero.

O torneo comezará ás 10:30 horas coa disputa das semifinais, que enfrontarán o Atlético San Pedro contra o Unión Campestre e o Santa Cruz contra o Obrero. A gran final será ás 13:00 horas, disputándose tamén un partido polo 3º e 4º posto ás 12:00 horas.